Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Os resultados da derradeira xornada dun heroico X Quiroga Trail Challenge

 

Tras as nevadas das noites previas que obrigaron a neutralizar as carreiras do sábado 24 de febreiro, na segunda xornada do X Quiroga Trail Challenge os protagonistas erab, sen dúbida, a auga e o barro. No trail destacaban os resultados de José Cid Martínez (C.D.Montañera Zamora), Luis Baraja Guerra (Km Vertical Torrelavega) e Javier Janeiro Cerdeira (Korpore Arenteiro Trail) no podio masculino e Patricia Noya (Tribu Trail), Anna Mengual Ripoll (CD Senen Challenge) e Carla Junquera Marqués(CDE Todovertical).

No minitrail completaron a épica Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club 1° Promesa), Iñaki González Arias(Amurrio Trail) e Pablo Fernández García (Toxos &Birras) no podio masculino e Sara Varela Espiñeira (C.D 21 Leguas Narón), Elena Rosell Aragón (Metas Imposibles Trail Team) y Carolina Niño (Club Corredoiras Bueu), na clasificación feminina.

E para os que o probaron todo na modalidade de circuíto os podios eran os siguintes. No circuíto ultra subíronse ao caixón masculino Pablo Vecino Rey, Javier Janeiro Cedeira e Xoxé María Fernández; Eugenia Gil Ballester como única muller do circuíto.

No circuíto maratón o podio masculino foi compartido entre José Manuel Pérez Rodríguez, Manuel Gómez Gómez e Iván Barca Taibo; entre as mulleres, Patricia Noya, Vanesa Varela e Alicia Prieto. No circuito trail os primeiros postos masculinos correspondíanlle, por esta orde, a Eduardo Fabeiro, Emilio Alvarez e Roberto Balado. Entre as mulleres destacaban Anna Mengual, Sandra Fernández e Nuria Fernández.

No circuito minitrail, os clasificados eran Eloy Martínez, Iñaki González e Rodrigo Bermúdez, entre os homes; e Elena Rosell, Carolina Niño e Tere Dieste, entre as mulleres.

 

“Foi un décimo aniversario, sen dúbida, marcado polas sorpresas que non deixou indiferente a ninguén. Organización, voluntarios e corredores implicados ao cento por cento que venceron xuntos todas as dificultades”, din dende a organización que expresa a súa gratitude a través de Blas Rodríguez e José Manuel Barreiro, directores da proba. Entre as persoas que colaboraban coa organización estaban, neste ano, os Radioaficionados de Trives, que se ocupaban do apartado das comunicacións.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button