
Arredor da medianoite do luns 21 de setembro, os servizos de emerxencia rescataban o corpo sen vida dunha persoa que se atopaba nunha zona de difícil acceso. Segundo a información que un particular trasladaba ao 112 Galicia pouco antes das 24 horas, “atopárase cun home sobre unhas rochas na beira do río Limia, na parroquia de Torno”. A persoa, que podía estar xa falecida, “estaba nun desnivel e sen acceso sinxelo, polo que eran precisos medios de rescate”.
Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Lobios e ao de Muíños e á Garda Civil. “Entre os diferentes medios lograron recuperar o corpo da vítima, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida”, conclúen dende o 112.