Tendo como fondo a igrexa de San Miguel de Xagoaza (O Barco), Abraham Cupeiro subíase ao escenario para viaxar, a través da sonoridade, séculos atrás rescatando a memoria de instrumentos esquecidos e recuperados por este músico. Despregaba así o seu espectáculo “Os sons olvidados”, e facíao en formato trío, acompañado por unha acordeonista e por un violinista.
A partir de aí, ía mergullándose en diferentes melodías, facendo soar o coñecido kárnyx celta, pero tamén as frautas ou a corna galega, entre outros, e engaiolando ao público.
Con este concerto, que aínda continúa no intre de escribir estas liñas, pechábase a sétima edición do ciclo Terrasón, que se desenvolvía por diferentes espazos do concello do Barco e que estaba incluído nos Concertos do Xacobeo.
Fotos e vídeo cedidos.
Ampliarase galería fotográfica en breve.