SanidadeÚltima hora

Os técnicos superiores sanitarios mobilízanse

Piden a nivel estatal un grao universitario que permita homologar a súa profesión no marco europeo

 

Neste 8 de febreiro os técnicos superiores sanitarios veñen de iniciar a nivel estatal unha serie de mobilizaciós en portas de centros sanitarios como o Hospital Público de Valdeorras e o Hospital de Ourense para reivindicar a creación dun “marco de diálogo institucional transparente, agora inexistente, que atenda as nosas demandas”.

Din que “España é o único caso de segregación dos títulos académicos provocando desvalorización profesional con respecto aos homólogos europeos e impidiento o recoñecemento automático das súas cualificacións”. Neste senso, propoñen unha “emenda en o Senado a a nova Lei de Formación Profesional solicitando a suspensión transitoria na súa aplicación en atención ao carácter de profesións sanitarias reguladas”.

Isabel Prieto, técnico superior sanitario, explicaba ás portas do Hospital Público de Valdeorras a situación destes profesionais. “O que nos estamos encontrando é que a nosa categoría está devaluada con respecto ao resto de Europa, entón se por calquera motivo na vida teste que trasladar a Francia ou a outro país non poderías traballar porque non o podes validar porque alí son graos universitarios, aínda que fan as mesmas funcións. Entón queremos poder traballar fóra que se nos poña na categoría na que temos que estar. Queremos que se poida facer un grao universitario, evidentemente xuntando categorías”.

O calendario de mobilizacións continuará o 23 de febreiro con novas concentracións nas portas dos centros sanitarios, o día 4 de marzo está prevista unha concentración ante o Misterio de Sanidade e nas inmediacións do Congreso dos Deputados e o día 5 unha manifestación en Madrid ás 12:30h.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a última da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button