En portadaÚltima horaVídeos

Os traballadores maniféstanse ao berro de “Irosa non se pecha” polo centro do Barco

 

 

Os traballadores de Irosa e Samaca percorrían pasadas as cinco da tarde o centro do Barco ao berro de “Irosa non se pecha”. Saían dende a praza do Concello para despois enfiar pola rúa avenida Eulogio Fernández ata os Xulgados, manifestando así o seu clamor contra o posible peche destas empresas de Carballeda de Valdeorras, tras executarse a sentenza de desafiuzamento esta mañá.

 

 

A manifestación continuaba de volta cara ao Concello pola avenida Eulogio Fernández, pero detíñase na esquina coa rúa da Estación, antes de concluír na praza do Concello. Nela tamén participan a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, e o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso.

Ampliarase información en breve.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button