DeportesÚltima hora

Os valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, campións galegos Sub16 en 3 km marcha

Tamén ao inicio do campionato Andrés Álvarez lograba a prata en altura

Mateo Valcarce e Paula Cela, tras competir no galego Sub16 en 3 km marcha no Barco./ Foto: A.R.

 

Con medallas, e ademais de ouro, arrancaba o XXVII Campionato Galego Sub16 que ao longo deste sábado se desenvolverá nas pistas de atletismo Luis Nogueira do Barco. Así a proba de 3 km marcha estaba protagonizada por dous valdeorreses.

Na competición masculina, o plusmarquista galego e campión de España dos 5K en ruta da pasada edición de Marín, Mateo Valcarce (Adas Cupa) facíase co título autonómico, ao vencer con rotundidade cun rexistro de 13:48.87.  En segunda posición quedaba Antón Díaz (Club Atletismo Narón) e na terceira Pablo Pérez (Club Atletismo Sada).

Ouro tamén en categoría feminina, tamén nos 3 km marcha, para a barquense Paula Cela (Adas Cupa) que se proclamaba campioa galega, cun tempo de 16:27.33.  A segunda posición correspondíalle a Daniela Rodríguez (At. Femenino Celta) e a terceira a Alba Vázquez (Atlética Lucense).

Por outra banda, o Adas colleitaba outra medalla nada máis iniciar o galego na proba de altura, cun segundo posto de Andrés Álvarez, cunha marca de 1,68.

En breve ampliarase información do campionato.

Back to top button