En portadaÚltima hora

Os veciños do Seixo (O Bolo) buscan fórmulas para xestinonar os terreos agrarios e forestais abandonados

 

O incendio que o pasado mes de agosto asolou Valdeorras practicamente enteira, foi especialmente virulento na localidade bolesa do Seixo, onde lograban apagar as chamas moi preto das casas. Pasárono realmente mal, perdendo terras cultivadas masa forestal común, polo que levan xa un tempo buscando axudas e fórmulas de xestión.

Así, na tarde do venres 17 de outubro, achegábase ata a casa do pobo Javier Montalvo, profesor da Universidade de Vigo para guiar aos asistentes na busca dunha forma legal para que “os veciños que teñan terreos agrarios e forestais abandonados, deleguen a súa xestión á Asociación de Veciños para, xuntando terreos, buscar a fórmula para crear unha especie de banco de terras ou xestión conxunta, un polígono agroforestal,…”, explican Antón Rodríguez un dos afectados polo lume.

 

 

De momento non saben cal será a mellor fórmula pero o que buscan é “xuntar todas as terras e traballar dun xeito coordinado, primeiro para abaratar custes e tamén para que se xestionen realmente, porque desbrozalas dúas veces ao ano no é xestionalas”, di Antón, recoñecendo que un dos problemas que teñen é que a xente que chegou nova ao pobo con ganas de traballar no agro non ten acceso á terra. “E por outro lado que moita xente, como sae gratis ter a terra a monte pois tena así, pero despois do incendio como lle vimos bastante as orellas ao lobo decidimos intentar xestionar os terreos ao lado das casas e nesas andamos”.

O primeiro paso da Asociación de Veciños do Seixo será buscar aos propietarios dos terreos para que deleguen na asociación, buscar propostas de xestión e “despois decidirase se se atopa quen as xestione, se as xestiona directamente a asociación,…” Está todo no aire pero o importante é ir dando pasos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button