ConcellosÚltima horaVídeos

Os versos reinan en Petín no 15º Encontro de Poetas nas Videiras

Un total de 14 poetas e tamén dez alumnos do IES Cosme López da Rúa participaban neste evento promovido por Rosa García

 

Entre versos, cancións e degustacións gastronómicas e de viño desenvolvíase un concorrido e animado Encontro de Poetas nas Videiras que chegaba a súa 15ª edición co título “Rebañando versos”. O acto central do seu programa tiña lugar a partir das 17h. desta tarde en Petín, en concreto na Adega O Confesionario, situada na rúa Santiago de Petín.

 

 

Nel participaban un total de 14 poetas de diversos puntos da provincia de Ourense, Ferrol, da provincia de Pontevedra, Sober, O Bierzo: Rosa García (tamén organizadora do encontro), José Carlos, María José Montero, Anxo Muíños, Jorge Moral, José Manuel Barbosa, José Torres, Mercedes Martos, Iván Ares, Rosa Martínez, Manuel Formoso, Concha Rodríguez, Alfonso Campos e Euloxio Fernández. Ademais os versos tamén soaban nas voces de dez alumnos do Instituto Cosme López da Rúa. A velada estaba tamén animada pola música de Piri-Parata e concluía arredor das sete da tarde.

https://youtube.com/shorts/Hjp22F0qIU8?feature=share

 

Foto: Jorge Moral.

 

Ademais, xa pola mañá os participantes no encontro realizaban unha visita para coñecer diferentes zonas de interese en Petín, como Santa María de Mones ou o casco vello da vila.

Fotos da galería: Carlos G. Hervella (as 5 primeiras)/ Jorge Moral.

Vídeos: Jorge Moral.

https://youtube.com/shorts/KvNFWgjGsCI?feature=share

https://youtube.com/shorts/tdzarLRQdJI?feature=share

https://youtube.com/shorts/JwFKVKCvxJo?feature=share

https://youtube.com/shorts/z0ENmjLwwNg?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button