DeportesÚltima hora

Os veteranos do CD Barco disputarán mañá un triangular en Verín

Partido co combinado da Garda Civil./ Foto cedida.

 

Outro dos efectos secundarios da pandemia de Covid do ano 2020 foi a disolución de moitos equipos de fútbol de veteranos, manténdose dende entón moi pouca actividade e principalmente dos que estaban constituídos como asociación.

Un exemplo témolo na Asociación de Veteranos Barco fundada no ano 2005 que, tras uns anos de escasa ou nula actividade regresaban con algún partido. En outubro do ano pasado, disputaban un interesante encontro en Calabagueiros cun combinado da Garda Civil como preámbulo da celebración da patroa, a Virxe do Pilar. En novembro viaxaban ata Lobios para xogar un amigable contra os veteranos da localidade ourensá; e mañá participarán nun triangular no campo José Arjiz, en Verín, no que tamén participarán os veteranos de Chaves (Portugal). Será ás 17 horas.

E xa de cara ao mes de maio, o día 9 pola tarde recibirán no Campiño de Viloira aos veteranos de Lobios, tendo pendentes de confirmar máis encontros.

 

Veteranos do Barco e Lobios./ Foto cedida.
Back to top button