EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei viaxan a Xixón

 

O C.R.D.O. Monterrei chega a Xixón para dar a coñecer os brancos e tintos de 22 adegas rexistradas na entidade. Será a través dun showroom que se celebrará o martes 23 de setembro, de 17 a 21 horas, na Colexiata San Juan Bautista. “Este evento supón unha oportunidade única de descubrir a historia e tradición vitivinícola da denominación, xa que ademais de mostrar información sobre variedades de uva, tipoloxía de viños ou características de chan e clima, poderán degustarse máis de 40 referencias de Monterrei”, tal e como indican dende a D.O.

As adegas que formarán parte desta iniciativa son: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Crego e Monaguillo, Minius, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (Ramón Bigotes) e Terra de Godello.

“Esta iniciativa promocional permitirá achegar ao público asturiano o produto que se elabora en Monterrei, desde monovarietais de Mencía ou Godello, sen esquecer coupages de Godello con Treixadura ou Albariño”, destaca o presidente da entidade, Manuel Vázquez Losada.

Dita actividade atópase enmarcada dentro do ciclo de iniciativas realizadas para este 2025, e que xa levou os viños da denominación a cidades como Madrid, Valencia, Ciudad Real, Barcelona ou A Coruña, entre outras.

Back to top button