
Está considerado un dos maiores concursos de viños do mundo e tamén dos de maior influencia. Os premios Decanter World Wine Awards (DWWA) celebraban este ano en Londres unha nova edición e nela resultaban distinguidos un total de 18 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, con diversos recoñecementos.
Sete deses galardóns eran pratas e correspondíanlles aos viños O Luar do Sil Vides de Córgomo (Adega Pago de los Capellanes), Vía Barrosa Mencía, Joaquín Rebolledo Mencía, Peirón (María Teresa López Fidalgo), El Confidente Godello, Louro Godello (Rafael Palacios) e As Sortes Val do Bibei (Rafael Palacios). Estes dous últimos brancos obtiñan ademais a mellor puntuación dos viños valdeorreses no concurso con 93 puntos en ambos casos.
Ademais lograban medalla de bronce o Mil Ríos Barrica Mencía (Méndez-Rojo), o Sobre Lías Godello (Mil Ríos), o Mencía de Finca A Mata, O Luar do Sil Godello (Pago de los Capellanes), o Vía Barrosa Godello, o Joaquín Rebolledo Godello, O Cabalín (María Teresa López Fidalgo), o Godello A Coroa, o Revival Godello (Godeval), o Maruxa Godello e o Maruxa Mencía.