Na mañá deste venres 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado, celebrábase no Auditorio Municipal de Ourense o acto de entrega de condecoracións e recoñecementos da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Entre os galardoados “en gratitude ao gran traballo realizado polos voluntarios na vaga de lumes na provincia de Ourense”, estaban os da AVPC da Rúa. Algúns non podían asistir, pero o recoñecemento foi para: Luis López, Jesús Lorenzo, Senén Fernández, Mercedes Álvarez, Pilar Álvarez, Ortega Rodríguez, Nabor Suárez, Anxo Gómez, Lois Dos Anjos, Javier Fernández, Brais López, Breogan López, David López, Verónica Cobo.
Ampliarase información.






Fotos cedidas.