CulturaCulturaÚltima hora

Óscar Blanco explica no Barco as claves para observar a eclipse con claridade e seguridade

O director do centro AstroTrevinca da Veiga impartía unha interesante charla na praia fluvial do Malecón

 

Non son indispensables pero si moi recomendables. Non mirar o sol directamente; usar só gafas homologadas; comprobar que as gafas non estean danadas ou raiadas; non mirar continuamente coas gafas senón en períodos que non superen os 30 segundos; poñer e quitar as gafas sen mirar para o sol,… Son só algunhas das claves que na tardiña do xoves 30 de xullo recibían os asistentes á charla organizada polo Concello do Barco para a obervación da eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto.

 

 

 

Tras o taller de elaboración de caixas estenopeicas impartido polo crítico, programador e produtor de cinema galego, Martin Pawley, da Agrupación Astronómica ÍO, era a quenda do director do centro AstroTrevinca da Veiga, Óscar Blanco, que impartía unha interesante charla sobre “como desfrutar da eclipse con seguridade”, na que ademais das pautas para observala con seguridade, informaba aos participantes sobre algunhas particularidades da eclipse, dos lugares nos que mellor se poderá observar e mesmo enlaces nos que informarse sobre a meteoroloxía para o 12 de agosto ás 19:30 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo as dúas últimas que son cedidas.

Back to top button