O gaiteiro e frautista, Óscar Ibáñez e o grupo, Tribo; rematan a súa xira estival este sábado, 27 de setembro, en Quiroga. Como remate dunha xira de 25 concertos por toda Galicia, o resto de España, Portugal e Italia, o grupo formado por 12 artistas encherá o escenario do Auditorio Municipal de música.
Óscar Ibáñez que está a celebrar o seu 20 aniversario coa súa banda Tribo trae o seu novo espectáculo Tribal, no que combina novas creacións con algúns dos temas máis destacadas dos seus traballos discográficos nunha espectacular viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, na que predomina o son celta.
Óscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista que conta con varias facetas. A faceta artística como músico de gaita e frauta; a de docente, impartindo música tradicional en escolas e centros galegos de Galicia, Latino América, EE.UU e Europa; e súa faceta como investigador, que o levou a facer varias publicacións sobre o grupo Os Montes de Lugo, sobre o gaiteiro de Verín José Pousada, ou sobre Xoán Tilve de Campañó; fan de Ibáñez un artista multidisciplinar. Participou nos máis importantes certames de gaita galega, nos que acadou máis de 40 premios.
Con el estarán neste concerto recoñecidos músicos con longa traxectoria que formaron parte das bandas dalgúns dos máis destacados artistas e grupos da música folk. Harry, violín; Fernando Fraga, acordeón; Xosé Liz, bouzouki; Paco Dicenta, baixo; Leandro Deltell, percusión/batería; Teresa Gómez, zanfona; Carla Villanueva, xilófono; e 4 gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia.
ÓsO concerto, con entrada de balde, comeza ás sete e media da tarde e está organizado polo Concello de Quiroga contando co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo.
Imaxes cedidas.