O Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) organizará mañá na Unidade de Simulación de Ourense a décima edición do Curso de peche de parede abdominal, ao que asistirán 21 médicos internos residentes (MIR) de toda España e Portugal (6).
Pedro Trillo, xefe de Sección de Cirurxía do CHUO e director da formación deste curso, salienta que “está actividade formativa está dirixida a residentes de primeiro ano, para que desde o principio aprendan a técnica correcta de peche da parede abdominal, recibindo formación teórica e na sesión de tarde eminentemente práctica sobre estaciones de simulación en material sintético”.
A cidade é unha das sedes a nivel estatal do curso, que conta co apoio da Asociación Española de Cirurxiáns. Nesta edición, os profesionais da nosa área sanitaria formarán a MIR procedentes de Galicia, Cataluña e Portugal.
Trillo engade que “resulta moi satisfactorio pode ensinar aos residentes” e matiza que a formación ten unha parte teórica e outra práctica por equipos.
Imaxes cedidas.