OurenseÚltima hora

Ourense celebra o 37º aniversario da Constitución

Durante o acto, que tiña lugar no Auditorio da cidade, entregábanse os premios do concurso escolar sobre a Carta Magna
O subdelegado do Goberno en Ourense, na entrega de premios do concurso da Constitución.
O subdelegado do Goberno en Ourense, na entrega de premios do concurso da Constitución.

“A nosa Lei de Leis, que é a nosa Constitución, trouxo paz, convivencia, sosego, temperanza, solidariedade, xustiza e respecto” e “ben merece seguir sendo defendida, porque é de todos e para todos”. Así o destacaba o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, no discurso que pronunciaba no acto de conmemoración do 37º aniversario da Constitución española, que reunía a diferentes autoridades o 6 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense.

Autoridades e premiados no XXXVII Concurso da Constitución.
Autoridades e premiados no XXXVII Concurso da Constitución.

Ademais no decurso desta celebración tiña lugar a entrega de diplomas e premios aos ganadores da XXXVII edición do concurso escolar sobre a Constitución, convocado pola Subdelegación baixo o lema “Das Cortes Xerais”. Houbo tamén unha serie de distincións “para os persoeiros e entidades aos que hoxe quixemos recoñecerlle o seu labor exemplar a prol do servizo á cidadanía. Gratitude e compracencia para todos”, sinalaba o subdelegado do Goberno.

Máis información e fotos na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button