
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 3 de maio, unha nova edición da Festa dos Maios, cita de interese turístico de Galicia, cos tradicionais concursos de coplas e maios, que estarán expostos na rúa do Paseo, e un concerto de Amancio Prada, entre outras propostas nesta tradicional festa que dá a benvida a primavera.
A programación de actividades organizadas pola Concellería de Artes e Festexos comezará ás 10:30 horas, cun obradoiro de confección de coroas e peiteados, nos xardíns do Padre Feijoo. Ás 11 horas comezará a exposición, na rúa do Paseo, dos maios que participan no concurso convocado polo Concello para esta celebración. Ás 11:30 horas haberá unha ruada cos cabezudos e xigantes con música tradicional, desde a rúa do Paseo, polo parque de San Lázaro, a rúa Santo Domingo, a praza do Ferro, a rúa da Paz, a rúa das Tendas e a praza Maior. Ás 12 horas comezará o canto de coplas diante do xurado, tamén no Paseo.
Pola tarde, as actividades trasladaranse á praza Maior, co acto de entrega de premios ás 19 horas e o canto das mellores coplas. A xornada rematará cun concerto de Amancio Prada, ás 19:30 horas, tamén na praza Maior.
Concurso de coplas e maios
O concurso de coplas e maios convocado polo Concello repartirá este ano 42.000 euros en premios e axudas, en diferentes categorías.
• Maio Artístico: Para obras que recreen escenas cotiás, monumentos ou personaxes con elementos tradicionais, haberá premios de 1.000, 800 e 600 euros.
• Maio Enxebre: Para as tradicionais figuras de pirámide, cono ou cruceiro, haberá premios de 700, 500 e 400 euros.
• Maio Creativo: Para representacións de maios enxebres (pirámides, conos ou cruceiros), coa posibilidade de usar calquera técnica ou material: premio de 500 euros.
• Maio Infantil: Premios de 500, 300 e 200 euros.
• Para as mellores coplas (en 2 categorías: persoas adultas e infantil): haberá premios de 500, 300 e 200 euros.
Ademais dos premios, o Concello concederá unha axuda pola participación de 400,00 € a cada maio presentado que estea debidamente