OurenseÚltima hora

Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do desfile do Entroido

Desfile de Ourense no pasado Entroido./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá as rúas da cidade o día 2 de marzo. Poderán participar aquelas asociacións veciñais, culturais ou xuvenís, grupos, colexios e outras agrupacións que o desexen, sempre que realicen a inscrición antes do día 24 de febreiro ás 14.00 horas. O concurso repartirá premios de até 1.500 euros para a mellor comparsa e de até 1.000 euros para a mellor carroza. Estas son as categorías:

Comparsas con máis de 10 compoñentes.-

1º premio 1.500 €

2º premio 1.000 €

3º premio 800 €

4º premio (entregaranse 4 cuartos premios) 500 €

Comparsas con menos de 10 compoñentes.-

1º premio 500 €

Especiais Comparsas.-

Máis numerosa 500 €

Máis enxeñosa 500 €

Carrozas.-

Mellor deseño, execución e posta en escena 1.000 €

Tamén haberá axudas para todos os grupos participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio, ata un máximo de 14.200 €: No caso das carrozas, 200 euros para cada unha. No caso das comparsas de 5 a 9 compoñentes recibirán 100 €; de 10 a 29 compoñentes, 200 €; de 30 a 49 compoñentes, 300 € e de 50 compoñentes en adiante, 400 €

As persoas interesadas poden consultar as bases e o modelo de inscrición na páxina web do Concello. Comparsas e carrozas poderán anotarse a través do Rexistro Xeral do Concello e, no caso de asociacións e entidades, a través da sede electrónica.

Artigos relacionados

Back to top button