SanidadeÚltima hora

Ourense súmase ao Día Mundial da Parada Cardíaca cunha xornada de RCP

A xornada, dirixida a primeiros intervenientes, permitió adestrar a resposta ante unha parada cardiorrespiratoria (PCR) mediante exercicios con manequíes, desfibriladores e simuladores

 

Unhas 40 persoas participaban este venres nos talleres prácticos de reanimación cardiopulmonar organizados polo Colexio Oficial de Enfermería de Ourense (COE) con motivo do Día Mundial da Parada Cardíaca. Profesionais de Gardia Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica, Protección Civil e bombeiros practicaron como recoñecer unha parada cardiorrespiratoria e iniciar as manobras de reanimación mentres chegan os servizos de emerxencia.

A actividade era impartida por instrutoras e instrutores da Escola de RCP do COE Ourense e estivo dirixida a profesionais que, polas características da súa actividade, poden atoparse entre as primeiras persoas en intervir ante unha emerxencia.

“A actuación de quen presenza unha parada cardiorrespiratoria pode resultar decisiva”, din dende o COE. Iniciar a RCP de forma inmediata pode duplicar ou mesmo triplicar as posibilidades de supervivencia, polo que recoñecer a situación, pedir axuda e comezar as manobras canto antes permite ofrecer á persoa afectada unha maior oportunidade de recuperación. “Está demostrado que as probabilidades de sobrevivir a unha parada cardiorrespiratoria fóra do hospital duplícanse se se realizan de forma precoz manobras de reanimación, polo que é vital a actuación das testemuñas e primeiros intervenientes para ter esa oportunidade, e incrementar as posibilidades de recuperación sen ou coas a miñánimas secuelas”, aseguran integrantes da Escola de RCP.

 

 

Día Mundial da Parada Cardíaca

O Día Mundial da Parada Cardíaca celébrase cada 16 de outubro para aumentar o coñecemento da reanimación cardiopulmonar e promover a intervención da ciudadanía antes da chegada dos equipos de emerxencia.

A xornada desenvolvida en Ourense súmase a este movemento internacional e ao traballo da Escola de RCP do COE Ourense para achegar a profesionais e ciudadanía coñecementos que permiten responder con maior seguridade ante unha situación de risco vital.

Fotos cedidas.

 

Back to top button