DeportesÚltima hora

Ouros en xavelina, disco e 800 m para o valdeorrés Paco Bao (Adas), no galego máster

 

Con tres medallas regresaba de Vigo neste domingo 14 de xuño o atleta veterano valdeorrés Paco Bao Estévez (Club Adas Cupa do Barco), que competía na categoría M75. Facíase co ouro nas probas de xavelina 500 gramos, cun rexistro de 16,35 (MMT), no disco (1 quilo), cun lanzamento de 18.81 (MMT) e na carreira dos 800 m cun tempo de 5:22.41 (MMP).

 

 

Este campionato, que se desenvolvía no estadio municipal de Balaídos (Vigo), supón a proba número 830 da traxectoria atlética deste barquense. “A ilusión segue intacta e a verdadeira vitoria é o camiño percorrido”, asegura este atleta veterano.

Fotos cedidas.

 

Back to top button