CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Pablísimo e o seu ‘Cabicivai’ engaiolan aos cativos no Mini SilFest Valdeorras

 

Á parte da música e da gastronomía, as actividades infantís coas que conta o SilFest Valdeorras son tantas e tan variadas que contan cunha programación propia na que se inclúen obradoiros, visitas polo backstage, actuacións musicais e contacontos.

Na mañá deste sábado 5 de xullo achegábase ata o recinto do festival, á beira do río no Barco de Valdeorras, a compañía Pablísimo para presentar ‘Cabicivai’, un espectáculo sobre rodas no que cada pedalada abre a porta a un novo conto.

 

 

A protagonista é unha bicicleta máxica que transporta historias por camiños reais e imaxinarios. A bordo dela viaxa tamén un Kamishibai -teatrillo xaponés de papel- e tres caixóns cheos de sorpresas, dos que poden saír contos, obxectos, cancións ou recordos inesperados.

‘Cabicivai’ é unha proposta lúdica e participativa que une movemento, narración e xogo escénico para facer crecer a curiosidade e a fantasía dos máis pequenos. Unha viaxe única, a golpe de pedal, onde todo pode ocorrer, que encandilou aos presentes, nenos e non tan nenos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button