CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Paco Campos canta ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, no Barco

Este músico valdeorrés presentaba o seu novo disco "Cantarenas na noite" no Teatro Lauro Olmo da vila

 

Entre os versos do poeta corgomés, ás veces cantados, outras recitados, e acompañados ao son da guitarra, transita o novo disco do músico valdeorrés Paco Campos: “Cantarenas na noite”. Presentábao esta tarde sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo, acompañado por imaxes da comarca, como a da Serra do Eixe, nun concerto moi especial.

 

 

Este traballo musical vén a dar continuidade ao proxecto que encetaba alá polo 2022 no marco do recoñecemento do poeta no Día das Letras Galegas. Campos mergullábase nos versos de Florencio, pero tamén nas súas experiencias, tanto dentro como fóra de Valdeorras, para crear o espectáculo “Cantarenas na noite”. Nel establecía un diálogo entre voz poética, testemuños e música que agora recupera para convertelo en disco.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Back to top button