Con varias novidades se presentaba a II edición do Torneo Futsal Vila do Barco que entrou xa na recta final, lo de tres infensos días de fútbol sala no pavillón municipal de Calabagueiros. Unha era a inclusión de partidos de categorías base na tarde do venres, como antesala do torneo masculino; e outra un xantar para o domingo.
No mediodía deste 6 de xullo, coa colaboración de Javier Ferrer, do SKÁNDALO, poñíanse a disposición dos asistentes 200 racións de paella, cociñada in situ, a un prezo de 5 euros/ración. Unha iniciativa ben acollida, nesta exitosa edición da maratón de fútbol sala.
Fotos: Mónica G. Bellver.