CulturaCulturaÚltima horaVídeos

“Paleontoloxía”, un ritual de invocación da valdeorresa Fátima Delgado, no “De Perto”, no Barco

 

Continúa o programa do XIII “De Perto. A Palabra contada, cantada e rimada”. A segunda cita deste ciclo viña da man dunha artista valdeorresa, Fátima Delgado-Meninas Teatro, que presentaba nos Xardíns da Casa Grande de Viloira neste 8 de xullo o seu espectáculo “Paleontoloxía”.

Era presentada pola concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, quen incidía na achega dos creadores valdeorreses neste ciclo e tamén explicaba que con esta actuación Fátima Delgado trae “un retazo do seu novo poemario Paleontoloxía” ao Barco.

Trátase dun “ritual de invocación, unha homenaxe póstuma, un exercicio de memoria coelctiva”, no que Delgado achega a paisaxe da nenez e os claroescuros da súa orixe. Nesta proposta conviven a poesía e o teatro coa perfomance e céntrase en tres aspectos:  a paisaxe (Valdeorras e o seu rural), a orixe (a tradición galega) e a memoria (a xenealoxía familiar).

 

 

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

Back to top button