ConcellosTrivesÚltima hora

Palilleiras na Festa da Bica de Trives

 

O grupo de palilleiras da Pobra de Trives participaba, por primeira vez, na pasada fin de semana na Festa da Bica, enchendo de tradición e arte a Praza do Reloxo da vila. Alí amosaban o seu traballo artesanal, recuperado tras a pandemia grazas á súa constancia e co apoio do Concello, que lles cedeu un local no que se xuntan durante todo o ano para conservar este labor tradicional.

“Estas mulleres manteñen viva unha parte importante do patrimonio cultural galego a través do encaixe, convertendo cada xuntanza nun espazo de aprendizaxe, memoria e creación. A súa presenza na festa foi unha das imaxes máis recoñecidas desta edición, simbolizando o valor da cultura e tradición acompañando esta festa de exaltación do maior e mellor exemplo da gastronomía trivesa: a Bica”, destacan dende o Concello de Trives.

Fotos cedidas.

Back to top button