Unhas 300 persoas desfrutaban na tardiña do 9 de novembro do magosto en Chandrexa de Queixa. Como limiar podía desfrutarse dos petiscos da food truck da campaña “Galicia sabe amar”, despois xa dende as 20h. podía saborearse un menú a base de bocatas de panceta, chourizos, refrescos, viño e, por suposto, castañas asadas. Non faltaba tampouco un chocolate con bico.
Ademais o menú do magosto completábase con chupitos de licores e, a partir das 22h., coa actuación musical do Dúo Ángel América.
Fotos e vídeos cedidas.