A tradición do San Xoán tamén se festexa en terras de Manzaneda. De feito, a vila acollía na tardiña e noite de onte, 22 de xuño, unha sardiñada e pancetada con motivo desta celebración na terraza da Cafetería Nevada. Non faltaba tampouco a habitual fogueira nin a queimada, para finalizar con festa na Rebusca. E, por suposto, todo amenizado con música e troula.
Fotos e vídeos cedidos.
