
O equipo de fútbol da selección española xogará mañá domingo día 19 de xullo a final do mundial. “Coa finalidade de que a veciñanza poda desfrutar deste acontecemento, o Concello do Barco disporá unha pantalla xigante que se instalará na praza Maior, para todo o que queira achegarse a ver o encontro entre España e Arxentina. Haberá animación previa e posterior ao partido”, segundo indica o Concello.
Foto: Periódico O SIL.
