OurenseÚltima hora

Parada de Sil súmase á campaña de galeguizar os cemiterios

 

Nesta fin de semana, e coa presenza de Alberto Delgado da Asociación de Funcionarios de Normalización Lingüística, no cemiterio de Santa Mariña de Parada de Sil tiña lugar un acto entrañable coa presenza dun importante grupo de veciños e veciñas, ás 11,30h. da maña deste domingo.

Elixiuse para o acto a figura de Xosé Campos, artesán autodidacta con unha  importante pegada no concello, de quen Alberto fixo unha glosa da súa obra entre a que sobresae o Belén Xigante instalado de maneira permanente na capela de San Ramón en Parada, unha escultura nun castiñeiro preto do Mosteiro de Santa Cristina, a táboa do peto de Ánimas de O Coutiño, e moitas outras. Era unha persoa que sempre utilizou o galego e que, tanto a asociación presidida por Xosé González, que escusou a súa  ausencia por un problema de saúde; como o alcalde Aquilino Domínguez consideran merecedora da frase que para sempre estará na súa nova lápida, “a súa vida foi unha obra de arte galega”. Tamén fixo un chamamento a colocar as lápidas en galego xa que as persoa que alí xacen falaban galego.

 

 

Como vén sendo habitual neste actos, tamén se colocou unha placa na parede do cemiterio , que foi descuberta polo alcalde e que explicita o agradecemento a toda as persoas que están elí enterrada e, que grazas a que elas falaban galego, seguimos a ter unha lingua galega viva. Entre os agradecementos estivo o dedicado á familia de Xosé Campos e á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística por instar a Parada de Sil a suarse a este tipo de actos.

O alcalde tamén quere agradecer ao cura párroco o seu dispor para a celebración do acto, así como as palabras que dirixiu aos asistentes pondo de manifesto a importancia da lingua galega.

Fotos cedidas.

Back to top button