O Concello de Parada de Sil volve conmemorar cunha xornada de portas abertas o Día Internacional dos Museos. Despois do éxito da celebración o ano pasado, o seu alcalde, Aquilino Domínguez, decidiu volver organizar esta celebración, que este ano coincide ademais cos actos das Letras Galegas en Parada de Sil, nos que se homenaxeará ao doutor en veterinaria Javier Carballo.
