PolíticaÚltima hora

Parlamentarios autonómicos e provinciais do PSdeG-PSOE visitan o pobo vilamartinés de San Vicente

Piden o arranxo da estrada que comunica esta localidade con Vilamartín
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

“Isto non é un debate de política, é un debate de xustiza social. Hoxe para entrar e saír de San Vicente hai que xogarse a vida”. O deputado autonómico ourensán do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, realizaba estas declaracións no Barco o 7 de novembro, tras visitar o pobo de San Vicente (Vilamartín de Valdeorras). Facíao acompañado polo edil socialista en Vilamartín Enrique Álvarez, pola parlamentaria autonómica Carmen Acuña e polo deputado provincial Nacho Gómez. Lembraba que este non é un problema de hoxe, senón que se leva arrastrando dende hai 15 anos e anunciaba que dende o grupo socialista no Parlamento se van presentar iniciativas para dar a coñecer a situación deste vial dirixidas, principalmente, á Consellería de Educación e tamén á de Presidencia, polos problemas de seguridade que existen.

Os socialistas tamén presentarán iniciativas para que a solución se solvente na Deputación de Ourense, “que evidentemente é a responsable e o único que fixo foi poñer a sinalización de prohibido o paso”, en palabras de Nacho Gómez, quen convidou ao presiente da Deputación, Manuel Baltar, a que “saia do despacho a coñecer os veciños da provincia”.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button