Dende a mañá deste venres 2 de xaneiro e ata o vindeiro martes día 6, o pavillón municipal da Rúa acollerá o Parque do Nadal con inchábeis de diversas formas e tamaños, para todas as idades e con entrada de balde.
Trátase dunha actividade para o público infantil do programa de Nadal organizado polo Concello da Rúa. O horario será de 11 a 13:30 e de 16 a 20 horas todos os días a excepción do 6, Día de Reis, que unicamente estará aberto pola tarde.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.