Entre os atletas que tomaban a saída no Campionato galego de cross de categorías base Sub10, Sub12 e Sub14-Memorial Alejandro Lorenzo estaban os das Escolas Deportivas de Trives. Nesta cita galega, celebrada na Rúa o 20 de xaneiro, os seus resultados foro os seguinte:
Sub10
– Adrián Pérez. Posto. 17
– Gerard González . Posto 29.
– Daniel Estévez. Posto 46, sendo ademais terceiro por equipos.
Sub-12
– Itziar Cid. Posto 78.
– Alejandra Prieto. Posto 82.
– Ainhoa Pérez. Posto 82.
Sub-14
– Tomás Rey. Posto 41
– Antón Prieto. Posto 47
– Xabi Álvarez. Posto 61.
“Os nosos atletas fixeron un bo traballo no Memorial Alejandro Lorenzo, estou moi contento polo seu gran labor e quero destacar a Daniel Estévez Rial e Xabi Álvarez López porque era a súa carreira e tiveron unha gran actuación”, sinala o seu adestrador, Tino Sierra.
Fotos cedidas.