Entroido 2026OurenseÚltima horaVídeos

Pasarrúas, comparsas, sátira e orellada popular para despedir o Entroido en Seixalbo con Paquita e Nicanor

 

Seixalbo despedía o seu intenso programa de Entroido coa súa tradicional queima dos Mecos. O Martes de Entroido poñía fin a unha celebración marcada polo espírito comunitario, a troula compartía, a música, a sátira e, como non, tendo como referente a parella de Paquita e Nicanor, que desta volta se deixaban envolver polo espírito circense e estaban acompañados por Vicentiño.

 

 

 

Así, tras o pregón na praza Maior a partir das 17:30h. dábase paso a unha festa de comparsas, trouleando con Paquita e Nicanor e, de seguido a unha degustación de orellas. E todo ao ritmo das charangas Brexit, Sorcha e Dj Deluxe. A queima dos Mecos marcaba a fin do ritual.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

 

Back to top button