
O próximo 9 e 10 de outubro celebrarase o I Encontro Luso Galego de Pastos, Comunidades e Futuro Rural. Será un acto conxunto organizado pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) e a Sociedade Portuguesa de Pastagens e Forragens (SPPF), no cal terá lugar a 11º Reunión de Outono da SGPF e a 48º Reunión de Outono da SPPF.
O programa desenvolverase en dous espazos diferentes, o día 9 de outubro na Casa da Cultura de Cualedro e o día 10 de outubro no Centro SIPAM do Barroso (Portugal).
A provincia de Ourense estará representada a través dos relatores e contidos abordados neste encontro. Así contarase coa gandeira e artesá Nieves Fernández Vidueira, natural de Quintela do Pando (Viana do Bolo). Tamén se dará a coñecer a experiencia da Escola de Pastores de Galicia, na provincia de Ourense, por parte de Ovica e haberá un relatorio dedicado ao incendio de Chandrexa de Queixa por parte do fotógrafo Jorge Arévalo, entre outras cuestións.
O evento será organizado pola SGPF e SPPF coa colaboración do Concello de Cualedro, Cámara Municipal de Montalegre, Fundacao Belmiro de Azevedo e Innogando.
