
Dende o Concello do Barco vén de informarse de que se acaban de pechar dúas das escaleiras de acceso ao río desde o Paseo do Malecón, na zona máis próxima a Correos.
“A Policía Local estivo a controlar posibles incrementos do caudal nas últimas horas, despois de que se recibise aviso do 112 da apertura das comportas da presa de Pumares, na tarde-noite de onte, para dar saída á acumulación de agua rexistrada no embalse”, indican dende o Concello.

Asemade infórmase de que “o peche das escaleiras manterase mentres continúe o caudal actual do Sil, e deixarase sin efecto cando volve aos cauces normais. No resto do Malecón, os accesos seguen abertos polo momento, pero serán pechadas no caso de que se detecte un incremento do caudal nas próximas horas”.
Fotos: A.R.