En portadaÚltima hora

Pedro Basalo analiza a tradición do Entroido vianés en Cantabria

Era o único ponente galego na xornada “Mascaradas rurais de inverno no norte de España. Pasado, presente e futuro” en Santillana do Mar
O vianés Pedro Basalo, durante a súa intervención na mesa redonda./ Foto: Pindongas.com

Do folión, dos Boteiros e doutras moitas manifestacións e singularidades do Entroido de Viana do Bolo falaba o 15 de xuño en Santillana do Mar (Cantabria) o investigador vianés Pedro Basalo Bembibre. Abordaba a tradición e tamén a situación actual desta festa no marco da mesa redonda “Mascaradas rurais de inverno no norte de España. Pasado, presente e futuro”.

Basalo era o único galego dos sete ponentes desta xornada, na que tamén estaban Pablo Canal da Asociación pola Recuperación dos Sidros e das Comedias El Cencerru de Valdesoto (Asturias), Nadia Leonato da Asociaciónd e Guirrios e Madamas de Llamas de la Ribera (León), María Bulnes (Asociación Socio-Cultural Pejanda (Polaciones, Cantabria), Leyre Blanco (Asociación Antruido na Paré de Piasca, Cabezón de Liébana, Cantabria), Luis Guillerna (Asociación de Amigos dos Carabeos (Valdeprado del Río) e César Rodríguez (Asociación Cultural Amigos da Vijanera de Silió, Cantabria).

No decurso da mesa redonda analizábase o momento actual destas mascaradas e cuestións como o papel dos axentes internos (organización, difusión, etc.) e externos (administracións e público) abordando temas como a protección/desprotección, o financiamento, o turismo… E outro dos eixos debatidos era o do futuro destas tradicións tendo en conta o relevo xeracional.

Artigos relacionados

Back to top button