DeportesÚltima hora

Pedro Escudero, inversor en USA que destacou no tenis, tamén xogou ao fútbol e ao baloncesto na súa época na Rúa

Pedro Escudero na entrevista de A3.

 

Onte saía nun programa de Antena 3 unha entrevista co “supermillonario” residente en Miami (USA), Pedro Escudero, que nacía en Astorga pero crecía na Rúa onde pasou boa parte da súa xuventude. Alí xogaba ao tenis, destacando neste deporte xunto a grandes como Carlos Moya ata que, tal como el mesmo explica na entrevista, sufriu unha lesión nun cóvado que o afastou das canchas, decidindo nese momento marchar a Estados Unidos onde triunfou como inversor.

 

Pedro Escudero (de pé cuarto pola esquerda) co equipo de baloncesto.

 

Hoxe descubrimos que, a parte de xogar ao tenis nas pistas do Aguillón, tamén xogou ao fútbol e ao baloncesto tal como pode verse nestas fotos nas que aparece xunto a David López que nos cedeu as imaxes.

 

Pedro (de pé cuarto pola esquerda) co equipo de fútbol.

 

Pedro e David López.

 

Fotos cedidas.

Back to top button