CulturaCulturaÚltima hora

Percorrendo as entrañas do Castro de Valencia do Sil (Vilamartín) na fin da campaña arqueolóxica

 

Remata a campaña de escavacións que neste mes de maio viña desenvolvendo o equipo de Sputnik Labrego no xacemento do Castelo, en Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras). Na recta final desta intervención os investigadores organizaban unha visita guiada por este enclave arqueolóxico no que daban a coñecer os resultados atopados ata agora.

Así, o director da escavación arqueolóxica explicaba que saía a luz un novo complexo residencial, que os investigadores datan entre os séculos IV e V d.C.

 

 

Este novo espazo residencial engádese ao xa coñecido do sitio, principalmente unha fragua e unha casa tardorromana. Esta nova área descuberta durante esta campaña configúrase como un amplo espazo de cerca de 200 m2 dividida en varias estancias. “Trátase dun gran complexo do que ata de agora temos recoñecidas cinco estancias, aínda que seguro que serán moitas máis”, di Carlos Tejerizo, director das intervencións, “este novo espazo non só presenta o xacemento do Castelo como un dos xacementos máis importantes da bisbarra, senón que dará moita información sobre as formas de vida de hai 1500 anos”.

O Castro de Valencia do Sil ten sido escavado desde o ano 2019 por Sputnik Labrego con apoio e financiamento do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Fotos cedidas.

Back to top button