Case mil persoas inscribíanse na oitava edición da Andaina e Carreira contra o Cancro de Páncreas que se desenvolvía ao longo da mañá do 23 de novembro no municipio de Vilamartín de Valdeorras, promovida por Acapaval co colaboración, entre outras entidades, do Concello.
Nesta galería de fotos faise un resumo en imaxes por esta edición, na que os participantes podían optar por unha andaina curta, unha longa e unha carreira. O punto de saída e a meta das probas era o polideportivo Luis Nogueira de Vilamartín. Tras a chegada do total de participantes, tiña lugar un xantar no mesmo pavillón.
Dende a organización agradecen os apoios e a participación nesta cita, na que o conxunto do recadado se destinará á investigación contra o cancro de páncreas.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

