OurenseÚltima hora

Perde a vida unha persoa en Tamagos (Verín), tras caer dun cabalo

 

Contra as 11:30 horas deste domingo 9 de agosto, un particular poñíase en contacto co 112 Galicia para alertar de que unha persoa caera dun cabalo nun camiño de terra da parroquia de Tamagos, en Verín. O alertador sinalou que estaba inconsciente, segundo informa o 112 Galicia.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que tomaron parte Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que chegaron a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense; a Garda Civil e a Policía Local de Verín.

“Os profesionais sanitarios chegaron rapidamente e comprobaron que a persoa entrara en parada cardiorrespiratoria. Practicáronlle manobras de reanimación no punto, mais finalmente só puideron confirmar o seu falecemento”, tal e como vén de facer público o 112 Galicia.

Back to top button