SanidadeÚltima hora

Persoas afectadas por silicose crearán unha asociación para pedir un neumólogo para o hospital do Barco

 

Un grupo de pacientes con silicose reuníanse esta mañá no Barco, no exterior do Teatro Lauro Olmo, co fin de organizarse e crear unha asociación de cara a solicitar a presenza dun neumólogo no Hospital de Valdeorras. Explican estas persoas que ata hai uns meses había consulta de neumoloxía no centro valdeorrés, pero que agora non hai neumólogo e que hai xente que tiñan cita aquí e están sendo derivadas a Ourense con outra nova cita, “coas dificultades que supón viaxar para algunhas persoas que xa van maiores”.

A intención dos asistentes é formar unha asociación, e feito van a empezar a asesorarse para constituíla, así como, unha vez formada, solicitar ao Concello do Barco un local onde poder reunirse de cara facer a solicitude formal da petición dun neumólogo. Tamén prevén pedir unha xuntanza con responsables do hospital para incidir nesa demanda, xa que consideran que é unha gran necesidade dada a singularidades desta zona.

 

Back to top button