
O Salón de actos do Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense acollía a terceira xuntanza do Pacto polo Emprego na tarde do 24 de setembro. No encontro, presidido polo alcalde ourensán, Agustín Fernández; presentábanse dez medidas clave coa intención de concretar actuacións consensuadas para a implementación de medidas que permitan estimular a creación de emprego.
Entre estas medidas, que foron expostas polo concelleiro de Promoción Económica, José Ángel Vázquez, figuran as axudas económicas a novas iniciativas empresariais, un sistema tutelar de apoio a emprendedores locais, actuacións de apoio ao comercio exterior, axudas a contratación de empresas, becas de prácticas profesionais titorizadas en empresas ou a dinamización das zonas comerciais e das prazas de abastos.
Os grupos municipais avaliarán todas as propostas presentadas e elaborarán un documento definitivo que será presentado no Pacto e tamén levado ao pleno.
Texto: O Sil/Redacción Ourense Foto: Carlos G. Hervella