As festas de verán da Rúa comezarán mañá co XIV Encontro de Pinchadiscos na rúa Doutor Vila pero a programación municipal, non arrincará ata o venres 31 de xullo con pasarrúas pola vila da charanga NBA e as actuacións da orquestra La Misión e LA Gramola Discomóbil e atraccións, xa no Aguillón.
E un ano máis, co fin de facilitar o acceso e aparcamento, dende o Concello elaboraron un plan de tráfico na zona, indicando os accesos para coches e peóns, os lugares nos que se desenvolverá cada actividade e os aparcadoiros habilitados.

