ConcellosÚltima hora

Atopan o bolso de Belén Rodríguez no Cemiterio das Caldas, en Ourense

Foto de Belén.

As investigacións policiais sobre a desaparición de María Belén Rodríguez, a veciña de Ourense e que tiña unha casa rural en Trives, desaparecida o pasado 7 de abril, comezan a botar un pouco de luz. Cara á unha do mediodía, a Policía informou de que o seu bolso apareceu no Cemiterio das Caldas, preto da estrada N-120 (Logroño-Vigo). Segundo fontes policiais, o obxecto foi atopado por unha señora o 8 de abril, día posterior á desaparición de Belén Rodríguez, e llo deu ao vixiante do cemiterio. Este home levaríao a obxectos perdidos na Comisaría ourensá.

Segundo apuntan as fontes policiais, o bolso foi remitido á Unidade de Delincuencia Especializada e Violencia (UDEV) o pasado 10 de maio. Esta unidade policial asegura que o bolso foi atopado por outra persoa previamente que “o colocou nunha fonte para que fose visible” e levaron a cabo unha busca no lugar. Fontes policiais aseguran que “sería importante saber o punto cero da busca”, polo que solicitan a colaboración cidadá para saber onde apareceu o bolso. Dende a Comisaría informaron de que a familia foi informada do achado.

O bolso da desaparecida.// Policía Nacional.
Back to top button