ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

Ponse en marcha a manifestación en defensa dos postos de traballo de Irosa e Samaca

 

Unha multitudinaria manifestación en defensa dos empregos nas empresas da lousa de Samaca e Irosa poñíase en marcha ás 19h. desta tarde de 22 de setembro dende o polideportivo de Calabagueiros (O Barco). A marcha vai encabezada por unha pancarta levada por traballadores baixo o lema ” Irosa non se pecha. Solución xa!!!”.

Detrás deles van numerosas persoas da comarca de Valdeorras, así como representantes sindicais e políticos de diferente signo. Ademais os establecementos comerciais do Barco pechaban as súas portas nesta tarde en sinal de apoio aos traballadores afectados e ás súas familias e tamén para unirse a esta manifestación, que percorrerá a estrada xeral da vila en dirección a Viloira. Unha vez alí, xunto á Casa Grande, está prevista a lectura dun manifesto.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button