ConcellosQuirogaÚltima hora

Ponse en marcha a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Público no recinto dunha edición anterior Feira do Viño de Quiroga./ Foto: A.R.

Na tarde de onte, 13 de xaneiro, tiña lugar a primeira xuntanza para organizar a XLIV Feira do Viño de Quiroga. Unha reunión inicial á que acudían traballadores municipais, adegueiros da subzona e o propio rexedor local, José Luis Rivera.

No seu decurso poñíase en marcha a engranaxe que moverá esta cita de exaltación do viño de Quiroga que se celebrará o 4 e 5 de abril.

Por diante queda un longo traballo e varias xuntanzas ata que remate de perfilarse todo o que engloba a Feira do Viño, dende os seus prolegómenos coas bases para o concurso de carteis promocionais ata os actos a desenvolver os propios días nos que se leve a cabo xa en Semana Santa.

O alcalde de Quiroga, que presidía a xuntanza, prefería non adiantar ningún dos actos por estar todo aínda sen pechar; e porque ademais estase traballando paralelamente noutra importantes cita para Quiroga como é a Mostra do Aceite, que se celebrará o 14 e 15 de marzo.

 

Back to top button