
O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; a súa homóloga da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá en Ourense a campaña “Merca no teu comercio”. Estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; e José Luis Outumuro, coordinador de colectivos de Abanca.

Arranca así unha ambiciosa iniciativa de dinamización comercial que se desenvoverá en toda Galicia co obxectivo de estimular as vendas nos municipios rurais galegos, sensibilizar e achegar os clientes aos establecementos. Así, terán lugar un total de 40 campañas (10 por provincia) poñendo en valor as grandes vantaxes de mercar no comercio de proximidade.
Con esta finalidade, “Merca no teu comercio” desenrolarase entre xuño e novembro en máis de 90 localidades galegas, sorteando 40.000 euros en premios (1.000 por campaña) entre aqueles clientes que aposten polo comercio local nas datas das correspondentes campañas.

Cada unha destas campañas, que se irán desenvolvendo paralelamente en distintas localidades de cada provincia, terá unha duración de 15 días, durante os cales as compras realizadas poderán rexistrarse na web www.mercanoteucomercio.com da correspondente iniciativa. Con este rexistro, o consumidor entrará no sorteo de 1.000 euros en premios, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberá empregar para volver a mercar nos establecementos locais. Os comerciantes recibirán en cada caso material para promocionar a campaña e tamén contémplase publicidade en redes sociais e medios de comunicación para dinamizar e dar a coñecer a iniciativa.
“Merca no teu comercio” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración – Dirección Xeral de Comercio; coa colaboración das Federacións Provinciais de Comercio, e de asociacións de comerciantes de toda Galicia, representadas na presentación que tivo lugar esta mañá.
O Couto, primeira campaña na provincia de Ourense
A zona de O Couto será o ámbito da primeira campaña a desenrolar na provincia de Ourense, entre o 15 e o 30 de xuño. Posteriormente, celebraranse outras 9 campañas na provincia ata o mes de novembro, abarcando 28 localidades ourensás e repartindo en total 10.000 euros en premios entre os consumidores dos establecementos de proximidade.