En portadaÚltima horaVídeos

Ponse en marcha o XIII Campionato de España de 10K no Barco

 

Dende a rúa Marcelino Súarez do Barco, preto da praza do Concello, dábase a saída ás dez e media, en medio dunha gran expectación, á primeira das carreiras do XIII Campionato de España de 10 km, a da categoría absoluta feminina e máster de máis de 50 anos (masculina e feminina).

Posteriormente, ás 11:45h. será a quenda da saída absoluta masculina, entre cuxos atletas estará o olímpico Fernando Carro e o valdeorrés Alejo Ares, e a de máster de menos de menos 50 anos (masculina e feminina).

Finalmente, ás 12:30h. completarase a listaxe de saídas coa dos populares.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button