ConcellosO BarcoÚltima hora

Por cuarto ano unha pata pon o seu niño nunha terraza da zona vella do Barco e leva xa 15 ovos

 

Era unha visita agardada e ao final chegou. Por cuarto ano consecutivo, unha pata escollía como lugar seguro para facer o seu niño un maceteiro situado nunha terraza da zona de vella do Barco, á beira do río Sil. A primeiros de febreiro a pata visitaba a terraza deste veciño, que xa tiña todo disposto para facilitarlle a tarefa á pata, e dende o 7 de febreiro comezaba a posta de ovos.

 

 

A día de hoxe son xa 15 os ovos que poden contarse no niño, que vixía e coida esta pata. Os residentes nesta casa confían e esperan con ilusión que as crías poidan saír adiante e rematen, máis adiante, habitando no río Sil.

Fotos cedidas.

 

Back to top button